O proxecto

LOGO-pantone213O CAMIÑO ESCOLAR

É un proxecto educativo que resume moi ben o que se pretende acadar dende o ámbito da mobilidade: un espazo máis seguro e saudable, en definitiva unha cidade máis habitable.
A rúa debe converterse para os nenos e nenas nun espazo de iniciativa persoal, nun espazo de relación, de aventura e de civismo.

Esta experiencia leva consigo un traballo de coordinación a diferentes niveis. Dentro dos centros educativos, preparación do material para traballar co alumnado, coordinación co resto da Comunidade Educativa, cos pais e nais, coa Administración Local e con todos aqueles colectivos que poidan contribuir como comerciantes, asociacións de veciños, asociacións da terceira idade.

A MOBILIDADE SOSTIBLE NAS NOSAS ESCOLAS

Para facer que o modo de ir a escola, sexa a máis sostible das formas de moverse, habería que apuntar hacia formas de transporte que foran o menos contamiñantes posibles. A máis sostible é, sen dúbida, a tradicional, a de ir a escola a pé, ao marxe de que é a que máis favorece, a autonomía dos nenos e nenas, e os fai menos dependentes e máis sanos.

Se ir andando a escola ofrece riscos pola cantidade e densidade do tráfico rodado, as medidas que haberán de adoptarse serán aquelas que favorezan o peón e calmen o tráfico dos alrededores dos colexios.

Neste senso desenvolvéronse algunhas experiencias, coa implicación de varios centros da cidade, CEIP O Couto, CPR Santo Ángel, CEIP Mestre Vide, CEIP Irmáns Villar, CPR Concepción Arenal, CEIP Curros Enríquez, CEIP A Ponte e CEIP Manuel Luis Acuña, para intentar mellorar os entornos das escolas, cunha serie de medidas concretas como: ensanchamentos das beirarrúas, reducción de calzadas, peatonalización das cercanías dos colexios, disminución da velocidade do tráfico, colocación de hitos, pasos de peóns luminosos, sinalización de camiños escolares…Outra alternativa e a utilización do transporte colectivo, Urbanos Ourense, á que se acolleron dous centros da cidade, o CEIP Mestre Vide e o CEIP Manuel Luis Acuña.