Campaña de concienciación


campana concienciacion os peons tamen temos dereitos
Desprazamentos polo barrio

Os escolares realizaron distintos itinerarios polo barrio, próximos os seus centros escolares. Nestes percorridos os alumnos tomaron conciencia dos desprazamentos máis seguros a realizar diariamente, tanto para ir a escola coma para ir os lugares onde
realizan actividades deportivas ou extraescolares.
Regulación do tráfico
Os 25 alumnos/as de cada curso dos CEIP O Couto e do CPR Santo Angel de cada grupo de 5º e 6º (provistos de chalecos reflectantes para facerse ver, que foron aportados pola Xefatura Provincial de Tráfico e co logotipo do “Camiño escolar”,
levaron palas reversibles, que por un lado tiñan o sinal de STOP e polo outro o logotipo do Camiño escolar ou o lema “Respecta a velocidade”, rotándose por parellas, regularon o tráfico nos pasos de peóns que ían encontrando nos traxectos simulando ser
policías por un día.
Con esta campaña pretendemos concienciar non só os nenos/as e aos outros peóns, senón sobre todo os condutores que circulan habitualmente polas zonas escolares para que respecten as normas e evitar os atropelos, e tamén dar a coñecer o Camiño escolar a toda a cidadanía coma un proxecto, que ten por finalidade fomentar os desprazamentos a pé dos nenos/as ata as súas escolas e evitar o uso e abuso dos vehículos nas entradas dos centros escolares.

O alumnado fixo o reparto de tarxetas de multas ficticias a aqueles condutores e peóns non respectuosos coas normas de tráfico.

CDL_3616

 

TARXETAS 1ª CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN

TARXETAS 2ª CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN