I CONGRESO DE CAMIÑO ESCOLAR EN GALICIA (DECEMBRO DE 2012)

DSC_0032

Este congreso deu cita a diferentes experiencias da Comunidade Autónoma cun intercambio a través dos logros acadados nas nosas cidades, a favor da mobilidade máis sostible e segura para os menores.
Abordáronse, experiencias piloto que tiveron como protagonistas aos centros escolares e ao conxunto da comunidade educativa e a outros colectivos que están aportando o seu grao de area para facer da cidade de Ourense e dos seus barrios un lugar máis habitable para os nenos e nenas e por añadidura para todos.
Ademais de experiencias de cidades, como Pontevedra, Culleredo ou o propio Ourense, participaron diferentes organismos como a DGT,  asociacións como o Colexio de Psicólogos de Galicia, e contamos coa presentación dalgunhas das campañas dun dos colectivos máis premiados na Prevención de Accidentes como é PAT Galicia. Tamén
interviron contando as súas experiencias no Camiño escolar en Ourense, unha das nais que estivo como voluntaria nun punto de encontro ao longo de tres cursos consecutivos, así como unha dos profesores do CEIP O Couto, centro pioneiro.

PROGRAMA DO CONGRESO

DSC_0047 DSC_0065 DSC_0103 DSC_0105 DSC_0116 DSC_0118