Consello Escolar Municipal

QUE É?

  • O Consello Escolar Municipal de Ourense é un órgano colexiado de participación e consulta en materia educativa no ámbito municipal. Representa a comunidade educativa do Concello de Ourense.

    Concíbese como un foro de reflexión e debate, o lugar de encontro das ideas, das iniciativas e das propostas de mellora e cambio da política educativa municipal. Funciona tamén como nexo de unión entre o sistema educativo público e o privado.

    A estratexia fundamental do seu funcionamento é o fomento e instrumentalización da participación democrática de todos os sectores implicados e protagonistas directos da acción educativa: na xestión educativa, na programación xeral do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal.

    A finalidade do Consello é promover actividades, informes e propostas que melloren a calidade da educación, a través da participación e colaboración entre todas as partes implicadas.

    Especificamente, son obxectivos do Consello:

    Velar pola consecución do acceso de todos os habitantes do municipio de Ourense aos niveis educativos e culturais que permitan a súa realización persoal e socio-laboral, para o que promoverá cantas accións sexan precisas para acadar a igualdade de oportunidades no ámbito educativo, a compensación educativa e a atención á diversidade.
    Fomentar o respecto pola liberdade, a convivencia, a igualdade, a xustiza, o pluralismo e a normalización da lingua galega na comunidade educativa.
    Impulsar e incentivar a calidade do ensino en todos os seus aspectos.
    Promover a participación real, efectiva e continua da comunidade educativa nos centros docentes.
    Ofrecer a máis ampla información sobre a súa actividade e sobre a situación actual do ensino no ámbito municipal

NORMATIVA

A normativa ven descrita no BOP do 12 de Abril do 2005, da provincia de Ourense

COMPOSICIÓN E FUNCIONAMENTO

INTEGRANTES

ACTAS