Escola Municipal de Teatro

Listaxe adminitidos nova matrícula

PRAZO PREINSCRICIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 22/23 ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Do 5 ao 12 de setembro do 2022
Preinscricion a través da web : www.educacionourense.es


As persoas interesadas, no mesmo prazo , aportarán a documentación que figura nas bases de inscripción, a través da conta de correo electrónico thelmajoyputnam2@gmail.com .Para outras consultas ou dúbidas, atenderase no teléfono: 722 15 13 47


PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL: ó 19 de setembro
RECLAMACIÓN DE ERROS: do 20 ao 21 de setembro. (achega a través do mail
thelmajoyputnam2@gmail.com) ou no teléfono: 722 15 13 47
PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS: ó 26 de setembro na web www.educacionourense.es


PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA : do 26 ao 30 de setembro. (o alumnado admitido solicitará no prazo establecido o impreso de matrícula aceptando a praza ao mail, thelmajoyputnam2@gmail.com rematado o prazo de formalización entenderáse a renuncia da praza.

CURSO 2021 / 2022

LISTADO ADMITIDOS CURSO 2021-2022

PRAZO PARA RECLAMACIÓN DE ERROS: do 1 ao 3 de setembro.   (achega a través do mail escoladeartes@ourense.es) PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS: o 7 de setembro na web www.educacionourense.es PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA : do 10 ao 17 de setembro. (o alumnado admitido solicitará no prazo establecido o impreso de matrícula aceptando a praza ao mail escoladeartes@ourense.es,rematado o prazo de formalización entenderáse a renuncia da praza)

O prazo de preinscrión e entrega de documentación para a o novo curso (2021-2022) será do 11 ao 21 de maio do 2021.

A entrega da documentación será na conta de mail: escoladeartes@ourense.es ou ben na SEDE electrónica do Concello de Ourense a través do rexistro online.

NORMAS DE MATRICULACIÓN

Para obter praza na ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO as persoas interesadas deberán cubrir o formulario correspondente e acompañar os seguintes documentos acreditativos dos criterios de selección que a continuación se relacionan.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO

ESTAR EMPADROADO NO MUNICIPIO DE OURENSE.

RENDA DA UNIDADE FAMILIAR.

CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA.

MINUSVALÍAS.,

ASISTENCIA A ESCOLA MUNICIPAL PARA A QUE SE SOLICITA A PREINSCRICIÓN DE IRMÁNS, PAI OU NAI.

Os casos de empate resolveranse en función da data de presentación de solicitudes.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

1. ADXUNTAR COPIA DO XUSTIFICANTE DE PREINSCRICIÓN CUBERTO NA WEB (www.educacionourense.com)

2.PRESENTACIÓN DA COPIA DO TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA, SE É O CASO.

3.ACREDITACIÓN DE MINUSVALÍA SUPERIOR AO 33% DO SOLICITANTE OU DALGÚN MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR, MEDIANTE A PRESENTACIÓN DE COPIA DO CERTIFICADO OFICIAL EXPEDIDO POLA XUNTA DE GALICIA, NO CITADO CERTIFICADO DEBERÁ CONSTR A DATA DE INICIO DO RECOÑECEMENTO DA MINUSVALIA E SE ESTA É DEFINITIVA OU PROVISIONAL COA DATA DE FINALIZACIÓN DE EFECTOS NESTE ÚLTIMO CASO.

4.COPIA DO DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE DO SOLICITANTE (si é menor, o Dni do pai, nai ou titor).

5.COPIA DO LIBRO DE FAMILIA COMPLETO ( só en caso familiar no centro).

6.COPIA DA RENDA DA UNIDADE FAMILIAR ANO 2020

No mesmo prazo de preinscrición as personas interesadas achegarán a documentación que figura nas normas de matriculación, ben a través da conta de mail: escoladeartes@ourense.es, ou ben a través da SEDE electrónica do Concello de Ourense a través do rexistro online.

Os listados provisionais de admitidos/as publicaranse na web www.educacionourense.es o día 1 de setembro.

Para os cursos coincidentes co ano escolar a contía do prezo público será a fixada nas seguintes tarifas:

Matrícula: 33€

Cota trimestral : 39.40€

Este curso a Escola de Teatro imparte de novo os cursos xa dados con anterioridade (iniciación, perfeccionamento/montaxe para adultos, teatro de 4 a 7 anos,de 7 a 11 anos, de 11 a 14 anos e 14 a 18 anos)

Grupos Escolares

Noso obxectivo principal é achegar ao alumnado ao mundo teatral e á experimentación da arte teatral mediante traballos prácticos en distintas materias,descubrir o teatro como xogo e como arte,aprender a comunicarse con soltura e desenvolver a creatividade, a imaxinación e a memoria e de inulcar ós nenos e nenas o gusto polo teatro pero sen deixar de pasalo ben.

Iniciación y Montaxe para adultos.

Despois de impartir diferentes materias no primeiro curso, como iluminación, son, maquillaxe, deseño escénico e vestiario, ademáis de voz e improvisación, no  curso de perfeccionamento  traballamos para desenvolver unha obra, na que os alumnos se encargaron da adaptación de textos, e da posta en escena no Auditorio da Escola Municipal das Artes Escénicas..

Os matriculados aumentaron n  30% con respecto ao ano pasado

As persoas interesadas podedes inscribirvos dende xá na concellería de Educación.Os impresos se poderán recoller na Concellería de Educación (Praza San Martiño nº 2, 1º) ou na oficina de atención o cidadá.

ACTIVIDADES