Normas de participación

CONCESIÓN DAS ACTIVIDADES
Teranse en conta as seguintes consideracións:
•  Condicións indicadas en cada programa e actividade.
• Orde de recepción de solicitudes.
• Participación na mesma actividade o curso pasado.
• A coordinación poderá modificar o número de alumnado que participará, segundo a capacidade dispoñible e/ou a demanda.

COMPROMISO DOS CENTROS PARTICIPANTES
A persoa responsable do grupo participante comprométese a:
• Recoller os materiais necesarios.
• Colaborar no bo desenvolvemento da actividade.
• Asumir as condicións específicas de cada programa.
• Devolver en bo estado o material didáctico recibido en préstamo.
• Comunicar con suficiente antelación as variacións ou anulacións da súa solicitude.
• Cubrir a folla de avaliación (modelos que se achegan) despois de cada actividade e entregala ao/á coordinador/a da mesma no prazo indicado.
• Entregar as autorizacións da (modelo que se achega) ao/á coordinador/a con anterioridade en todas as saídas do centro escolar.
• Permitir aos medios de comunicación o acceso ás actividades para a súa posterior difusión (prensa, programación, calendarios, carteis, pósters, vídeos, dípticos, páxina web…)