Archivo del Autor: educacionourense

XADREZ NA ESCOLA

O Concello e Club Xadrez Ourense achegarán o xadrez aos escolares da cidade para aproveitar o seu potencial como ferramenta lúdica, deportiva e formativa

O programa, que se desenvolverá desde outubro a xuño, pretende aproveitar o potencial do xadrez como ferramenta formativa, que contribúe á concentración, o calculo, a memoria o control do espazo ou o tempo, que desenvolve a intuición, a imaxinación, o autocontrol e a creatividade, ao tempo que forma en valores como a empatía, o respecto ou a xustiza.

BAUTISMO NÁUTICOV

Desde a Concellería de Educación organizamos unha nova actividade de verán para os cativos e mozos da cidade (desde 7 anos cumpridos a 18 anos): BAUTISMO NÁUTICO.

Esta actividade realizarase no Clube Náutico de Castrelo de Miño, os días 10, 12, 24 de agosto en horario de 10h a 13,30h e o 26 de agosto de 16h a 19,30h.

Cada rapaz/a poderá inscribirse nunha soa data e tendo como únicos requisitos imprescindibles:  ter 7 anos cumpridos e saber nadar.

Nesta etapa de pandemia, desde a Concellería de Educación fomentamos actividades lúdico-didácticas na natureza, ao aire libre, aproveitando os recursos da nosa provincia, así como inculcar o respecto aos demais, o traballo en equipo, valorar o noso patrimonio etnográfico, cultural e natural e a necesidade de conservar o medio ambiente.

Seguindo en todo momento o protocolo e normas Covid.

Obxectivos xerais:

  • Achegar a práctica dos deportes náuticos aos cativos e mozos/as de forma lúdica.
  • Adquirir os fundamentos básicos para valorar as posibilidades de práctica destes deportes nun futuro.

Os nenos e nenas iniciaranse en deportes de auga como: hidropedal, kayak recreo, paddle surf, windsurf e vela en barco.

O prazo de inscrición será do venres 30 de xullo, ás 10h ata o 3 de agosto ás 23,59h.

Unha vez inscritos e admitidos deberán formalizar a matrícula (seguindo as instrucións nesa mesma web)

DOCUMENTACIÓN:

Listados Concilia Verán 2021

犀利士5mg ducacionourense.com/wp-content/uploads/2021/06/INFORMACION_veran_2021.pdf»>INFORMACIÓN CONCILIA VERÁN 2021

NORMAS CONCILIA VERÁN 2021

DECLARACIÓN RESPONSABLE CONCILIA VERÁN 2021

FOLLA DE MATRÍCULA CONCILIA VERÁN 2021

LISTADO CÓDIGOS ADMITIDOS CEIP «AS MERCEDES»

LISTADO CÓDIGOS ADMITIDOS CEIP «COUTO-GRECO»

LISTADO CÓDIGOS ADMITIDOS CEIP «MANUEL LUÍS ACUÑA»

LISTADO CÓDIGOS ADMITIDOS CEIP «INFANTA ELENA» VISTAFERMOSA

LISTADO DE CÓDIGOS ADMITIDOS CEIP ANEXA-PRÁCTICAS

LISTADO CÓDIGOS ADMITIDOS CEIP A PONTE

LISTADO CÓDIGOS ADMITIDOS CEIP AMADEO BARROSO

LISTADO CÓDIGOS ADMITIDOS IRMÁNS VILLAR

LISTADO CÓDIGOS ADMITIDOS AULA DA NATUREZA «RIO MIÑO» http://educacionourense.com/wp-content/uploads/2021/06/AULA-NATUREZA-LISTADOS.pdf

NOVA ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN VIARIA

Alumnado de Educación Primaria participa nas novas actividades que teñen lugar nas pistas de examen da la Jefatura Provincial de 犀利士 Tráfico en Santa Cruz de Arrabaldo.

Nun circuito similar ao entorno urbano, o alumnado demostra que é posible a convivencia entre peóns, patinetes e bicicletas.


Colabora a Jefatura Provincial de Tráfico de Ourense, Guardia Civil de Tráfico e Protección civil do Concello.