Archivo de la categoría: Novas

INSCRICIÓNS OBRADOIROS DE IDIOMAS

Novos prazos ! Inscricións ata 31 de marzo.

Os cursos comenzan o 8 de abril

Click aquí para a inscrición

Desde a Concellería de Educación  comezamos un ciclo de obradoiros de idiomas: galego, inglés (atención ao cliente), portugués, italiano, alemán e francés.

Este programa de formación en idiomas ven dado pola demanda dos cidadáns ourensáns que necesitan mellorar os seus coñecementos e axudalos a adquirir novas capacidades, a reciclarse e a proseguir o seu desenvolvemento persoal e profesional, complementando á Escola Municipal de Idiomas.

Será requisito imprescindible ser maior de idade e estar empadroado no Concello de Ourense.

Serán un total de 7 obradoiros:

  • Galego- celgas 1 e 3, impartidos por Mónica Fernández Valencia, Normalización Lingüística.
  • Conversa inglés, atención ao cliente- Academia Intensive languages solutions.
  • Portugués- Academia Intensive languages solutions.
  • Alemán- Academia Intensive languages solutions.
  • Italiano- Academia New Wave.
  • Francés- Academia New Wave.

Distribuídos co seguinte horario:


CALENDARIO IDIOMAS 2024
AULALUNSMARTESMÉRCORESXOVESVENRES
APORTUGUÉS 10,30/12HPORTUGUÉS 10,30/12H
ALEMÁN 10/11,30H
BALEMÁN 10/11,30HINGLÉS AT CIDADÁN 10/11,30H
INGLÉS AT CIDADÁN 10/11,30H
CCELGA 1- 11/12,30HCELGA 3- 11/12,30HCELGA 1 -11/12,30HCELGA 3 -11/12,30H
A

ITALIANO 12/13,30H
ITALIANO 12/13,30H
B

FRANCÉS 12/13,30H
FRANCÉS 12/13,30H
C




As clases darán comezo o 2 de abril do 2024 e finalizan o 28 de xuño do 2024. 

As aulas serán nas aulas municipais da Escola Municipal de Artes Escénicas (rúa da Canle 4)

INSCRICIÓNS

As inscricións realizaranse do 18 do marzo (ás 9h) ata o 24 (ás 23,59h) na seguinte web: http://escola.educacionourense.com/idiomas/

Logo de dita data todos aqueles que se anoten pasarán a formar parte dunha lista de agarda.(data tope na que se pechará a lista de agarda 18/4/24, ás 14h.

Os admitidos/as recibirán un correo electrónico coas indicacións para formalizar a matrícula.

MATRÍCULA

A formalización da matrícula será do 25 ao 31 de marzo do 2024.

O coste de cada obradoiro será de 33€, según as Ordenanzas Municipais.

O resgardo de pagamento deben envialo:  educacion@ourense.es

ou traelo a oficina da Concellería de Educación en horario de mañá (8h a 15h).

Campaña crecemento saudable

Os nenos e as nenas deberían tomar na súa rutina cotiá, froita variada que lles proporcione vitaminas e minerais, complementos básicos da nutrición para o seu crecemento san. A mazá que bateu na cabeza de Newton e mesmo envelenou a Branca Neves, nos contos clásicos infantís, é a raíña das froitas e achega moitos beneficios ao organismo.

Semana Europea da Mobilidade

A Concelleria de Educación organiza un programa de actividades para a Semana Europea da mobilidade, que se celebra dende os días 16 ao 22 de setembro,

Un dos obxectivos destas actividades é o de sensibilizar tanto ó alumnado como á cidadanía sobre os impactos medioambientais do transporte e os seus diferentes modos de utilización, fomentar o uso da bicicleta, recordando a importancia do seu uso na mellora da mobilidade na nosa cidade, e estimular un comportamento cidadán compatible co desenvolvemento sostible.

CIRCUÍTO URBANO EN BICICLETA

Poden participar todas aquelas personas maiores de 14 anos.

Máximo de participantes: 50.

DATA: 20 de setembro

Horario: de 18-20 horas

Itinerario: Saída Pabellón dos Deportes e chegada a Praza Maior.

Prazo de inscrición: Do día 11 de setembro ata o día 14 de setembro de 2023

Inscrición:

As solicitudes serán vía mail indicando o nome completo e a idade do participante na dirección educa.programas5@ourense.es

Concilia Verán 2023

Lembren que só poderán formalizar a matrícula de forma presencial na concellería de educación.( Rúa da Canle 6).

Deberán entregar a folla de matrícula debidamente cumplimentada e asinada ( que poden descargarse desde esta web), o resgardo do pagamento ( o núm. de conta aparece nesa folla ), unha fotografía, e Unha fotocopia do DNI e da ftarxeta sanitaria do neno ou nena participante


OBRADOIROS GRATUITOS NO PARQUE BOTÁNICO DE MONTEALEGRE

https://ourense.gal/gl/saladeprensa/el-ayuntamiento-presenta-la-oferta-de-talleres-del-botanico-de-montealegre-para-publico-infantil-y-adulto-en-mayo-y-junio