Escola Municipal de Idiomas

DO 16 AO 26 DE XUÑO abrimos o PRAZO para a PRE INSCRICIÓN de NOVO ALUMNADO da ESO:
-> Accede a preinscrición

HORARIO PARA O VINDEIRO CURSO (2022-2023)

29 DE AGOSTO PUBLICAREMOS A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS na páxina web www.educacionourense.es e nas oficinas da Concellería de Educación

6 DE SETEMBRO PUBLICAREMOS A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS na páxina web www.educacionourense.es e nas oficinas da Concellería de Educación

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: os días 7, 8 e 9 de setembro. No prazo establecido, o alumnado admitido deberá solicitar o impreso de matrícula, aceptando a praza, ao email escoladeartes@ourense.es

Cando remate o prazo de formalización da matrícula, se a persoa admitida na listaxe non solicitou a praza entenderase que renuncia a ela.

Profesora e coordinadora da Escola Municipal de Idiomas de Ourense

María José Vidal López

Lcda. Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela

emi@ourense.es

TAXAS: Matrícula: 19.80 €Cota trimestral : 59.60€

CURSO 2022 / 2023

O prazo de preinscrión do alumnado da ESO de novo ingreso e a entrega de documentación para a curso 2022-2023 é do 16 ao 26 de xuño do 2022.

A entrega da documentación e da solicitude poderán facela:

  • Enviando un correo a escoladeartes@ourense.es
  • A través da SEDE electrónica do Concello de Ourense
  • Nas oficinas da Concellería de Educación, situada na rúa Canle, 6 (de 9.00 a 14.00)
  • Na propia escola, situada na rúa Canle, 6 (de 16.00 a 20.00 – ata o día 22 de xuño-)

NORMAS DE MATRICULACIÓN

Para obter praza na ESCOLA MUNICIPAL DE INGLÉS (EMI) as persoas interesadas deberán cubrir o formulario correspondente e achegarlo xunto cos documentos acreditativos dos criterios de selección que a continuación se relacionan.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO

ESTAR EMPADROADO NO MUNICIPIO DE OURENSE

RENDA DA UNIDADE FAMILIAR

CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA

MINUSVALÍAS

ASISTENCIA A ESCOLA MUNICIPAL PARA A QUE SE SOLICITA A PREINSCRICIÓN DE IRMÁNS, PAI OU NAI

*Os casos de empate resolveranse en función da data de presentación de solicitudes.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

1. CODIGO DA PREINSCRICIÓN (www.educacionourense.com)

2.PRESENTACIÓN DA COPIA DO TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA, SE É O CASO

3.ACREDITACIÓN DE MINUSVALÍA SUPERIOR AO 33% DO SOLICITANTE OU DALGÚN MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR, MEDIANTE A PRESENTACIÓN DE COPIA DO CERTIFICADO OFICIAL EXPEDIDO POLA XUNTA DE GALICIA, NO CITADO CERTIFICADO DEBERÁ CONSTR A DATA DE INICIO DO RECOÑECEMENTO DA MINUSVALIA E SE ESTA É DEFINITIVA OU PROVISIONAL COA DATA DE FINALIZACIÓN DE EFECTOS NESTE ÚLTIMO CASO

4.COPIA DO DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE DO SOLICITANTE (si é menor, o Dni do pai, nai ou titor)

5.COPIA DO LIBRO DE FAMILIA COMPLETO ( só en caso familiar no centro)

6.COPIA DA RENDA DA UNIDADE FAMILIAR ANO 2021 (exercicio 2020)

As persoas que desexen apuntarse fora de prazo* poden facelo chamando ao teléfono 988 388 136, enviando un correo electrónico a escoladeartes@ourense.es ou a emi@ourense.es, solicitando grupo e achegando os seus datos: nome, número de teléfono e dirección de correo electrónico.

*Só serán avisados no caso de quedaren prazas vacantes.

PRENSA

A Escola Municipal de Idiomas da Concellería de Educación do  Concello de Ourense responde á pandemia mantendo o seu programa de formación

A corentena decretada trala declaración do estado de alarma non foi un obstáculo para que os alumnos e alumnas dos diferentes cursos de inglés organizados pola EMI puideran continuar coa aprendizaxe, adaptando as súas clases ás condicións do novo escenario orixinado pola pandemia.

Xestionada pola Concellería de Educación, na Escola Municipal de Idiomas seguimos traballando co noso alumnado e conservamos o mesmo horario das clases presenciais. Naquel momento, máis que nunca, necesitábamos un punto de encontro para manter o contacto cos demais e coas nosas actividades cotiás o que nos dou alegría e fortaleza. Por iso, desde a Escola Municipal de Idiomas seguimos coas nosas clases, e mesmo aprendemos a usar as novas ferramentas xa que gran parte do alumnado adulto non estaba familiarizado co uso de Internet e das súas plataformas colaborativas.

A actividade da escola facilitou que o noso alumnado, mozo e adulto, puidera sentirse preto, véndose, falando e aprendendo ao tempo que pasamos un intre divertido, lonxe das preocupacións cotiás. A formación realizouse mediante unha plataforma web colaborativa  en liña na que os alumnos participaban de maneira activa. A participación foi dun 79% (85% alumnado de primaria / 71% alumnado adulto) e mesmo quixeron que houbera clase durante a Semana Santa, así que continuamos luns, martes e mércores, para retomalas tralas datas festivas.