Escola Municipal de Teatro

CURSO 2020 / 2021

O prazo de preinscrión para a o novo curso será do 6 ao 15 de maio do 2020 a través da web “educacionourense.com”

Do 18 ao 29 de maio do 2020 entrega da documentación ( Concellería de Educación: praza San Martiño Nº 2 1º) achegando a copia da solicitude xerada na preincrición online.

Este curso a Escola de Teatro imparte de novo os cursos xa dados con anterioridade (iniciación, perfeccionamento/montaxe para adultos, teatro de 4 a 7 anos,de 7 a 11 anos, de 11 a 14 anos e 14 a 18 anos)

NORMAS DE MATRICULACIÓN ESCOLAS MUNICIPAIS:

Para ter dereito a unha praza nos cursos de duración coincidentes co ano escolar nas distintas escolas municipais, os interesados deberan acompañar os seguintes documentos acreditativos dos criterios de selección que a continuación se relacionan.

  1. Condición de familia numerosa, se é o caso, mediante a presentación de copia do título de familia numerosa.
  2. Acreditación de minusvalía superior ao 33% do alumno ou dalgún membro da unidade familiar, mediantea presentación de copia do certificado oficial acreditativo da minusvalía e grao, expedido pola Xunta de Galicia. No citado certificado deberá constar a data de inicio do recoñecemento da minusvalía e si esta é definitiva ou provisional coa data de finalización de efectos neste último caso.
  3. Copia do Documento Nacional de Identidade.
  4. Copia do Libro de Familia.
  5. Copia da Renda da unidade familiar.
  6. Impreso cuberto.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO.(Documentación a entregar)

Estar empadroado no municipio de Ourense.

Renda da unidade familiar.

Condición de familia numerosa.

Minusvalías.

Asistencia de irmáns a escola municipal para a que se solicita a preinscrición.

Os casos de empate resolveránse en función da data de presentación de solicitudes.

Grupos Escolares

Noso obxectivo principal é achegar ao alumnado ao mundo teatral e á experimentación da arte teatral mediante traballos prácticos en distintas materias,descubrir o teatro como xogo e como arte,aprender a comunicarse con soltura e desenvolver a creatividade, a imaxinación e a memoria e de inulcar ós nenos e nenas o gusto polo teatro pero sen deixar de pasalo ben.

Iniciación y Montaxe para adultos.

Despois de impartir diferentes materias no primeiro curso, como iluminación, son, maquillaxe, deseño escénico e vestiario, ademáis de voz e improvisación, no  curso de perfeccionamento  traballamos para desenvolver unha obra, na que os alumnos se encargaron da adaptación de textos, e da posta en escena no Auditorio da Escola Municipal das Artes Escénicas..

Os matriculados aumentaron n  30% con respecto ao ano pasado

As persoas interesadas podedes inscribirvos dende xá na concellería de Educación.Os impresos se poderán recoller na Concellería de Educación (Praza San Martiño nº 2, 1º) ou na oficina de atención o cidadá.

ACTIVIDADES