IX CONCURSO DE MICRORRELATO (EP e ESO) AS CORES DE GALICIA

Galicia Multicolor

Se nun lugar queres atopar unha gran variedade de brillantes cores, só debes mirar con atención unha terra que todo o ten. É xenerosa, fértil e orgullosa, esa terra é Galicia. Co seu sol amarelo e laranxa dándonos calorosos veráns e fermosos atardeceres, nos que podemos gozar dos azuis das súas praia e ríos. Douradas areas onde xogar xa sexa azul ou gris o seu ceo, porque, aínda que en Galicia chove moito, nunca perdemos a ilusión por divertirnos. Ten verdes praderías e montañas con fervenzas nas que podemos pasear e gozar da súa natureza chea de paxaros e flores multicolores. Con cor granito tostado e marrón das súas antigas construcións cheas de historia. Se nos poñemos a buscar, aínda mais cores poderiamos atopar.

Autor: Alejandro Santa Cruz Salgado

Centro: CPR Divina Pastora 5ºE.P

Curso: 5º EP

Baixo o carballo

Era unha noite coma outra calquera no pobo de Pablo e como de costume o seu avó contaballe una historia.E esta comenza así: fai algún tempo, nunha casiña en medio do monte, vivía un leñador ca súa sobriña Sabela.Un día o seu tío tivo un encargo ao que Sabela o acompañou. Xa na finca do propietario, o leñador empezou co seu traballo e Sabela foise a pasear.De tanto camiñar e camiñar cara o que parecía una fervenza ¡PERDEUSE! Non sabía por onde volver, todo lle parecía igual. Cria sábelo e encamiñouse por un sendeiro de pedras. Cansa, sentouse debaixo dun carballo a contemplar a paisaxe. Nese momento decatouse das fermosas cores que hai en Galicia.

Comenzou a enumerar cores, era outono e había unha gran variedade. Sabela quería encontrar máis cores e alexouse daquel carballo. De súpeto, escoitou

una voz que chamaba por ela, era o seu tío, correu ata chegar onda el e deulle una gran aperta.

Autora: Uxía Goméz Vazquéz

Centro: CPR Divina Pastora

Curso: 6º EP

Cales son as cores de Galicia?

O azul do océano galego no que nadan peixes, polbos… pero tamén dos ríos que percorren Galicia, como o sangue que dá vida a nosa terra. Non só o azul da auga se non tamén do ceo, aínda que, mellor dito, o gris por estar “eternamente nubrada”. O verde e o marrón dos nosos bosques con árbores fortes e lonxevas como a nosa xente, nos que moitos animais encontran o seu fogar para vivir tranquila e alegremente a súa vida. Pero…algunha vez preguntácheste de onde saíron estas cores? Conta a lenda que os celtas que poboaron Galicia, adoraban a un antigo espírito primordial da natureza que descansaba nas profundidades da nosa terra. Dicían que despois da creación o espírito sobreboara o mundo buscando un lugar no que botar raíces. Despois de incontables días de búsqueda, divisou unha terra e, quedou tan marabillado coa súa beleza natural, que decidiu pasar alí o resto sos seus días. Transformouse nunha árbore, e as súas raíces estendéronse, enchendo de cores un territorio que se chamaría Galicia.

Autor: Álvaro Gamallo González

Centro: CPR Divina Pastora

Curso: 6ºB EP

CORES, SABORES E OLORES

O outono é unha estacion perfecta para dar longos paseos polo monte galego polas

ribeiras dos nosos rios ou polas inmensas praias respirando ese olor a sal,a mar.

Se miramos ó ceo..os azuis mezclanse cos grises case negros…. víspera de tormentas

…comenzan as chuvias,e con elas ese olor a terra humida e os vellos muiños poñense

en funcionamento

As nosas paisaxes tiñense dunha grande variedade de cores :

amarelos,vermellos,anaranxados,mostazas…..marrons….se subimos a un alto

podemos asombrarnos con eles.

Os castiñeiros xa estan cheos de ourizos de castañas ,as setas ,cogumelos non

confundilos coas setas vermellas e venenosas..as nosas leiras cubrense dun verde

oscuro ,son os grelos,que logo comemos co lacon rosadiño e cos chourizos…,os maiores

proban o viño novo cunha cor morada oscura.

Autora: Jimena Rodríguez Gómez

Centro: CPR Divina Pastora

Curso: 5ºA EP

GALICIA, UNHA TERRA CHEA DE CORES

A paisaxe de Galicia semella un arco da vella, é unha terra chea de cores.

Amarelo: é o sol que quenta en Ourense, é a cor dos nosos queixos.

Laranxa: son os tellados de moitas casas e monumentos de Galicia.

Vermello: é o lume dos Magostos no San Martiño, e tamén de moitos dos nosos viños

famosos.

Verde: son os nosos montes que tanto nos identifican.

Azul: representa o mar das nosas praias, das Rías Baixas e das Rías Altas.

Añil: é a cor do ceo das noites estreladas.

Violeta: é o polbo á feira que tanto me gusta comer!

Pero Galicia aínda ten máis cores, como o gris das pedras que esconden a nosa historia.

O marrón das nosas hortas e das nosas castañas. Ou o rosa das nosas flores, das nosas

bolboretas, …

Galicia é a mellor terra do mundo, e non lle cambiaría ningunha das súas cores!

Autor: Gabriel Xosé Barreal Iglesias

Centro: CPR Divina Pastora

Curso: 5ºEP

MIÑA TERRA GALEGA

Galicia, Galicia é unha rexión acolledora con máis de dous millóns de

habitantes, moi fermosa e tranquila. En Galicia podemos atopar paisaxes

naturais dunha gran beleza e variade de cores (verdes, marróns, vermellos,

amarelos, etc). Unha das cousas que máis me gusta é a súa variada

gastronomía. En Semana Santa fun a A Guarda, donde puiden disfrutar de

ambas cousas, fixen unha bonita excursión á beira do mar e polo monte e,

rematei comendo no seu fermoso e colorido Porto. Pola tarde fun á praia, as

ondas eran enormes, metinme no mar e acabei tiritando.

Por iso, por ser tan bonita, Galicia ten moito turismo, de dentro e de fora de

España.

De todas as estacións do ano a que me gusta é a primavera, en Galicia

deslumbra moito. Na niña cidade- Ourense- abundan as mimosas que son

unhas plantas cunha fermosa flor amarela.

Asi e a miña terra.

Autora: Sara Casado Santás

Centro: CPR Divina Pastora

Curso: 5ºA EP

O NENO DAS CORES

Conta unha lenda que todas as primaveras un neno voa polas

terras de Galicia, enchendo de cores as árbores, as flores e os

prados.

A paixaxe galega ten todas as cores que poidamos imaxinar,

pero un ano o neno non poido voar, xa que as suas ás estaban

enfermas, polo que Galicia ese ano estivo triste e sen cor.

Todos os galegos estaban moi tristes e tamén os viaxeiros que

viñan a Galicia, polo que os galegos decidiron tentar curar ao neno,

para que as cores volveran.

A xente, ao facer o Camiño de Santiago, pedíalle ao Apóstolo

que curara ao neno para que as cores regresaran.

Un día, cando espertou o neno, deuse conta de que as súas ás

xa estaban curadas, saíu a toda presa para ca nosa terra recuperara

a beleza e variedade de cores que tiña.

Dende aquel día, en Galicia, tódolos galegos cren no neno das

cores, que coida das paisaxes e fai que Galicia sexa a terra das cores pola súa variedade.

Autora: Cecilia Anta Pereira

Centro: CPR Divina Pastora

Curso: 6º EP

RUTA “OS MUÍÑOS DO RÍO LOÑA”

Vou camiño ao aeroporto de Santiago para recoller ao meu amigo Ray, que chega dos Estados Unidos para quedarse comigo unha semana. Os dous somos moi afeccionados ao sendeirismo e, como lle teño falado moito das paisaxes naturais tan fermosas de Ourense, el estaba desexando vir dende hai xa tempo. O sitio ao que iremos en primeiro lugar é a ruta dos muíños do río Loña. Como estamos no mes de xaneiro, una esponxosa capa de musgo cubre as pedras grises, a cortiza das árbores e parte do chan. Ademais, por tódolos sitios hai follas secas de carballo, que cubren todo cun manto marrón que renxe baixo os nosos pés. A auga do río ás veces é verde, ás veces transparente, por zonas silandeira, por outras ruxidoira, cando cae desde o alto. Entón a cor da espuma é branca. O meu amigo levará na súa memoria una serena imaxe, tranquila e colorida, do famoso bosque atlántico ourensán en inverno: o verde do musgo, da auga e a carriza, o gris das pedras e a cor parda da cortiza das árbores.

Autor: Guillermo Fernández Llantada

Centro: CPR Divina Pastora

Curso: 6ºB EP

A maxia dos bosques de Galicia

Os bosques de Galicia son máxicos: os raios de luz que pasan entre as pólas, árbores caídas que forman portas ao reino das fadas, regatos de auga cristalina con pequenas fervenzas que para un anano serían grandes, e follas que flotan entre os muros.

Todo nos seus bosques é máxico. Alí habitan criaturas místicas coma as fadas: as da terra fan que as árbores estean tan bonitas tanto no inverno e outono, coma en primavera e en verán. Tamén están as fadas da auga, que fan que a auga sexa tan cristalina.

Se vas ao bosque en silencio pode ser que vexas a algunha fada facendo maxia ou xogando con algún fento, pero tés que fixarte ben porque son tan pequenas coma unha uña.

E pensaredes que teñen ás e varitas máxicas. Pois vos equivocades, non teñen ás nin varitas. Voan e fan máxia coa súa mente.

A miña favorita é Acuatica, a raíña das fadas da auga.

Autora: Aurora González Docampo

Centro: CEIP As Mercedes

Curso: 5ºEP

DANIEL E AS CORES DE GALICIA

Daniel era un neno que vivía coa súa familia en Ourense. Gustáballe moito saír de excursión e ver as bonitas paisaxes de Galicia. Era daltónico e vía todo doutra cor, pero parecíalle bonito igualmente e disfrutaba correndo polos campos. Cando Daniel foi maior, deuse conta de que a xente non coidaba o medio ambiente e contaminaba, que construían fábricas e estradas…

El contoulle á xente o que pasaba pero ninguén lle fixo caso. Tratou de recordarlles esas cores que tiña a terra e que agora cambiaban por falta de vida. Despois dun tempo, algúns empezaron a darse conta de que Daniel tiña razón, pero aínda eran poucos.

Pasaron uns anos e todos empezaron a decatarse do erro que cometeran. Xa non había campos, nin vexetación, nin as bonitas paisaxes de antes. Só había edificios e estradas, e todo era escuro e triste. Destruíran o mellor de Galicia.

Decidiron que coidarían o medio para conservar as cores de Galicia, esas cores que Daniel vía diferentes e que tanto lle gustaban.

Autor: José Ignacio Rodríguez Fernández

Centro: CEIP As Mercedes

Curso: 5ºEP

SEMPRE COLORIDA

Era sábado pola tarde e na miña familia decidimos ir a pasear. A miña cidade, Ourense, é pequena e podes pensar que non hai moitos lugares por onde andar de vagar. Non é así, pois a cidade está arrodeada de campos e bosques fermosos nos que camiñar resulta máis relaxante.

Coido que do noso edificio ata o bosque non hai moita distancia; de feito, nin sequera chegará ao quilómetro. En cuestión duns minutos xa nos perdemos entre o verde e o azul. O río Lonia, coas súas fervenzas e pozas, dá gusto velo! Arredor verde, moito verde, de todos os tons habidos e por haber, que só con miralos te perdes nun mundo de verde. No ceo, un sol radiante, amarelo ata non poder máis, dáballe unha alegre luz ás flores de todas as cores que salpicaban o manto de verde.

Aquel sábado gocei con meus das verdadeiras cores de Galiza: acompañando ao verde e ao azul, todas as demais CORES.

Autora: Paula Dacal Fernández

Centro: CEIP As Mercedes

Curso: 6º EP

Só o verás unha vez

Nunha aldea escondida entre montes, vivía unha nena co seu can. Os dous camiñaban cada día polo monte. Ela faláballe dos nomes das flores que había no camiño. Cada día levábao a lugares diferentes, con outras cores, para sentarse a memorizar as especies de flores, plantas e árbores de cada zona.

Un día, camiñando sen rumbo, descubriu un groso carballo ao que lle calculou uns catrocentos anos. Subiu ao carballo, deixando o can abaixo, e comezou a gabear polas fortes pólas cubertas de verdes follas, adentrándose na árbore. Cando estaba a uns cinco metros sobre o chan, descubriu a mellor vista de todos os montes que rodeaban a súa aldea. Observou as árbores verdes que brillaban co sol; os grandes terreos cubertos unicamente por xestas, toxos e carqueixas e as porcións de escura terra labrada. Sentiu que non quería baixar nunca, pero tiña que vixiar o can. Antes de baixar, viu unha frase gravada nunha grosa póla que dicía: “Só o verás unha vez´´. Cando levantou de novo a vista comprobou que fora soamente un recordo de antes do incendio.

Autora: Nadia Coello Fernández

Centro: CEIP As Mercedes

Curso: 6º EP

O trasno das cores

A ÁRBORE MISTERIOSA

En Galiza hai unhas criaturas chamadas trasnos. Os trasnos encárganse de pintar a flora de Galiza. Un día, un trasno chamado Carlos, ía a traballar. No seu traballo pintaba as árbores; e de súpeto atopou unha misteriosas árbore que nunca vira na súa vida, pero como era o seu traballo pintouna. O que Carlos é o resto de trasnos non sabían e que cando pintas unha planta, esta convértese nun ser vivo.

Como xa era un ser vivo tiña que realizar as función vitais.

O día seguinte, Carlos estaba dando un paseo cando viu que todas as árbores arredor da árbore misteriosa quedaron secas. Carlos chamou aos seus compañeiros que realizaron unha escavación para atopar a causa.

Viron que a árbore misteriosa quitáballes toda a auga. O xefe do seu traballo mandou que lle quitaran as cores e todo volveu a normalidade.

Autora: Leila Gómez Vázquez

Centro: CEIP As Mercedes

Curso:

AS CORES DO SABER

Fai tempo vivía

a Fada das Cores,

que lle gustaba moito

camiñar polas flores.

A ela gustáballe

maquillar o mundo,

e pintaba e pintaba

con moito gusto.

Quería sabelo todo

e todo queríao saber;

canto podía preguntaba

para máis aprender.

Cada pregunta,

moitas respostas,

que coloreaba

nun cadro, absorta.

Pensou nunha boa pregunta

e apresurouse a preguntar,

cada animal que atopaba

unha resposta diferente tíñalle que dar.

A súa pregunta era:

¿Que é Galicia?

Un rato respondeulle tradición

e un moucho ledicia.

Unha serpe esperanza,

unha bolboreta amizade,

un raposo axuda,

-o noso fogar – respondeulle un ave.

Contenta, a fada

voou cara o seu fogar,

colleu as súas pinturas

e púxose a debuxar.

Quedoulle unha

beleza de cadro,

o laranxa e o amarelo

dábanlle moito encanto!

Verde, rosa,

azul e marrón.

Esas cores eran

boas para o corazón!

Colgouno na parede

do seu vello carballo,

a súa pregunta

escribiuna debaixo.

E esta é a historia

da Fada das Cores,

fada boa

que pintaba amores.

Hai moitas preguntas

e aínda máis respostas

que nun cadro son

unha gran obra.

Autora: Sarela García Gil

Centro: CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Curso: 5ºA EP

AS LEMBRANZAS DA MIÑA AVOA

Antes de que a miña avoa perdese a memoria contábame moitas veces como recordaba a súa terra. Lembraba que cando era pequena vivía nunha aldea con moitas árbores onde os paxaros facían os seus niños, cun río de auga cristalina no que se bañaban ela e os seus irmáns. Tamén estaban moi presentes as fragas e os soutos na súa vida. Esa cor verde tan típica de Galicia era un recordo inesquecible na súa memoria. O azul do mar, as brancas montañas nevadas, os bosques frondosos. Anos despois decidín facer un debuxo coas paisaxes que a miña avoa me describira naqueles atardeceres que pasaba ao seu carón, tan lonxe de Galicia. Sei que sentía unha inmensa morriña recordando cada un dos lugares nos que vivira durante unha boa parte da súa vida. Cando lle levei o meu debuxo, a pesares de que non me recoñeceu, enchéronselle os ollos de bágoas coa emoción. Penso que viñeron á súa memoria todas esas cores presente na súa infancia. As cores de Galicia. É o último recordo que teño da miña avoa.

Autora: Carmen Rodríguez Vila

Centro: CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Curso: 5º EP

Galicia, un mundo multicolor

Esta historia comeza nunha reunión familiar, na casa dos pais de Xoán e Lúa . Mentres os pais, avós e tíos daban boa conta dun filete con patacas, os nenos xogaban no xardín.

De súpeto, Laura, a nai dos nenos, anuncioulles que, entre toda a familia, decidiran viaxar por toda Galicia. A priori, aos nenos gustoulles a idea, polo que aceptaron.

O viaxe consistiría en chegar desde Ourense, cidade na que se atopaban, ata Lugo, dando toda a volta á comunidade.

Ao comezar a ruta, os nenos decidiron inventar un xogo para pasar o tempo, polo que pensaron e pensaron, ata que Lúa propuxo o seguinte:

  • Teño unha idea, podemos mirar pola fiestra e anotar todas as cores que vexamos!

E así foi, os nenos anotaron, e anotaron…

Ao chegar a Lugo, decatáronse de que apuntaran un montón de cores. Desde o verde das árbores das fragas do interior ata o azul da costa de Vigo; pasando polo amarelo, o vermello ou o laranxa das flores.

E así descubriron, que Galicia é… un mundo multicolor!

Autor: Samuel Rodríguez Seoane

Centro: CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Curso: 6ºC EP

Titor: Manuel Babarro Forneiro

GALIZA MaIS BELA

As cores de Galiza tan fermosas como ela complementan as paisaxes fanas mais belas. Coa cor verde das nosas montañas ou a cor azul das nosas praias. As cores das flores en primavera ou as cores alaranxadas das follas en outono. A cor branca da neve que baña Manzaneda en inverno, o solpor e ao amencer en toda Galiza. O arco da vella que vemos de cando en vez. O morado das uvas da Ribeira Sacra. Complementan a Galiza, fana mais bela. Todos as cores, as cores do mundo,atópanse aquí, neste lugar con resplandor. Alegre, esperto, con historia e bondade. Fanche sentir libre, ter liberdade. Digo liberdade porque é o que me produce Galiza, porque é unha palabra marabillosa, con moito significado. As casas, as rúas, nós mesmos, e todo o que nos arrodea.

Complementamos a Galiza facémola mais bela.

Autora: Noa Fernández González

Centro: CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Curso: 5ºA EP

#ColeDosRosais

A NOVA BANDEIRA DE GALICIA

Érase unha vez un deus da mitoloxía celta que quería facer unha nova bandeira para Galicia. Entón mandou a dous paxaros para a bandeira, tres para o escudo e cinco para a coroa da bandeira.

Os dous primeiros paxaros foron a América do Norte e do Sur. O que foi a América do Norte colleu o branco das nubes e o que foi a América do Sur, colleu o azul do Amazonas. Volveron xunto o deus, quen dixo: ENCÁNTAME!

Os tres paxaros foron a África. Un colleu o azul do Nilo, outro o amarelo do trigo e outro o branco das cebras. Volveron xunto o deus, que dixo: ENCÁNTAME!

Os cinco paxaros restantes foron a Asia. Un deles voou a Xapón e colleu o branco do arroz; outro foi a China, onde colleu o vermello da bandeira; outro foi a Corea, para coller o verde das verduras; o cuarto foi aos Emiratos Árabes e colleu o amarelo do ouro, e o último colleu en Vietnam o azul do ceo.

Volveron coas cores creándose así bandeira, escudo e coroa de Galicia.

Autor: Yago Guerrero Carballo

Centro: CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Curso: 6ºB EP

AS CORES DO ARCO DA VELLA

Como se sabe os cores do arco da vella son sete (vermello, laranxa, amarelo, verde, azul e morado) e as cidades de Galicia tamén son sete ( A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Lugo). Ambas pódense relacionar:

– Vermello, para Ourense: polas súas altas temperaturas no verán e as súas termas.

– Laranxa, para Ferrol: polos seus museos e numerosas antigüidades.

-Amarelo, para Coruña: polas súas praias.

– Verde, para Lugo: polos seus parques e espazos naturais.

– Azul, para Santiago de Compostela: polas súas frecuentes choivas.

– Morado, para Pontevedra: polas súas grandes vendimas.

Por iso, en Galicia fai un tempo irregular, para que as sete cidades galegas poidan saír co arco da vella, cada quen coa súa cor.

Autora: Sofía Moure Loureiro

Centro: CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Cusro: 6º B EP

Titora: Miriam Vázquez Blanco

Cores e sentimentos

Galicia é un lugar moi fermoso, cos seus verdes prados. Tamén resalta moito o azul da súa costa, e a cor intensa do ceo é algo extraordinario.

Hai unha cor na miña Galicia moi peculiar: o marrón. Si, si, o marrón das vacas, bois,cabalos, cans,.. e tamén de tantas serras.

Pero si hai unha cor que a min me perde, esa é o amarelo, porque me recorda á miña aldea. Miña aldea é un lugar poboado de trigo, alpacas de herba, e , sobre todo, hai moitos toxos, que se te pinchan…ves as estrelas!

A min gustaríame que no futuro siga habendo tantos prados, tantas aldeas, tantos animais de todas as especies, tanto galego, tantos pratos típicos, tanto marisco,..e, sobre todo,moita xente que protexa esta terra miña que é tan querida.

Cando non teño un bo día vexo todo gris, pero cando estou feliz vexo a miña Galicia de todas as cores do Arco da Vella. Percibo todo o verde, azul, marrón e amarelo que hai; percibo todo o amor que cabe na miña acolledora Galicia.

Autora: Lía González Rodríguez

Centro: CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Curso: 6ºA EP

Titora: Yolanda Berjano Cid

A nosa terra querida

Doruk espertou na súa habitación en Estambul (Turquía), nun barrio pobre. Sempre que se asomaba pola fiestra púñase triste ao ver casas derruídas e negocios pechados.

Un día chamaron á súa nai dun traballo na Coruña. Rumbo a Galicia, Doruk estaba emocionado porque imaxinaba unha vida mellor nesa cidade.

O primeiro día de clase, ao ser doutro país, os profesores foron contándolle todas as paisaxes e cores que podía encontrar en Galicia.

Da primeira cor que lle empezaron a falar foi do azul do mar e das praias galegas. Contáronlle que había varios tipos de praias: pequeniñas, como as calas, ou máis extensas, como Samil e A Lanzada .

Despois faláronlle do verde intenso dos montes de Galicia, mesturado co marrón dos troncos grosos e vellos das árbores. Neses montes había rutas para facer o ¨Camiño de Santiago¨.

Doruk preguntoulles :

– En Galicia non hai cores escuras como no meu barrio?

Contestáronlle:

-Por suposto, está o gris das pedras, das catedrais , dos . mosteiros e das igrexas.

Doruk quedou fascinado con todos aqueles relatos das cores de Galicia.

Autor: Damián Gomez Diosdado

Centro: CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Curso: 6º EP

O PINCEL DE GALICIA

Nun lugar preto de aquí vivía un rapaz que ía viaxar a Galicia e nunca antes estivera alí. O que non sabía era que algo terrible sucedera. Invocáranse, por erro, aos demos devoradores de cores e roubaran tódalas cores de Galicia; pero había un pincel perdido capaz de devolverlle a cor. Poucos días despois o rapaz viaxou a Galicia. Quedou decepcionado e sorprendido polo estraño estado do lugar; así que pescudou e pescudou ata que atopou o pincel máxico, colleuno e cando o tocou apareceu o espírito de Galicia. O espírito explicoulle o que tiña que facer para que todo se tinguise de cores de novo. O rapaz escoitouno e comenzou por pintar un arbusto, pensou de que cor eran as xestas, a flor dos toxos, as amoras, o mar… Só era necesario un rozo co pincel para que cada cousa recuperase a súa cor orixinal. Despois duns días atopouse cunha fermosa paisaxe chea de corido. Os demos desapareceron e o rapaz mudouse a Galicia sabendo que só el coñecía o segredo do pincel máxico.

Autora: Carla Rodríguez-Hermida Rey

Centro: CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Curso: 5ºB EP