NORMAS DE MATRICULACIÓN OPCIÓN OBRADOIROS MUSICAIS

A Emmo, impartirá distintos obradoiros musicais, . A escola ofertará estos obradoiros en duas etapas no primeiro e segundo trimestre/ cuatrimestre do curso, cada etapa terá unha duración de 12 horas repartidas nunha sesión semanal grupal de 1 hora. (Excepto o obradoiro de batería no que asistirán 2 alumnos/as por clase cunha duración de 30 minutos). O alumnado dos obradoiros instrumentais poderá asistir as clases de linguaxe musical como complemento ao traballado nos obradoiros.

O alumnado matriculado nos talleres non gardará praza fixa no centro para o vindeiro curso.

As persoas interesadas soamente poderán matricularse nun obradoiro excepto no caso de prazas vacantes, aínda que sí poderán solicitar praza nos obradoiros que dexesen. A escola publicará as prazas vacantes na web www.educacionourense.es .

O alumnado xa matriculado na escola para o curso 2022-23, non poderá acceder aos talleres salvo no caso de prazas vacantes.

A escola poderá anular os obradoiros se non se cubren os grupos.

Os listados provisionais de admitidos/as publicaranse na web www.educacionourense.es na mañá do día 1 de setembro.

NORMAS DE MATRICULACIÓN PARA TALLERES MUSICAIS

Para poder acceder aos talleres musicais as persoas interesadas deberán cubrir o formulario correspondente. Non é necesario achegar ninguha outra documentación.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO PARA OS TALLERES

1. Estar empadroado no municipio de Ourense.

2.Orden de entrada da preinscrición.

Matrícula:78,80€ A partir do segundo membro de familia aplicaráse un desconto do 50%.

A Concellería de Educación enviará ao alumnado admitido nos talleres musicais a información necesaria para formalizar a matrícula e os horarios correspondentes.