XADREZ NA ESCOLA

O Concello e Club Xadrez Ourense achegarán o xadrez aos escolares da cidade para aproveitar o seu potencial como ferramenta lúdica, deportiva e formativa

O programa, que se desenvolverá desde outubro a xuño, pretende aproveitar o potencial do xadrez como ferramenta formativa, que contribúe á concentración, o calculo, a memoria o control do espazo ou o tempo, que desenvolve a intuición, a imaxinación, o autocontrol e a creatividade, ao tempo que forma en valores como a empatía, o respecto ou a xustiza.

BAUTISMO NÁUTICOV

Desde a Concellería de Educación organizamos unha nova actividade de verán para os cativos e mozos da cidade (desde 7 anos cumpridos a 18 anos): BAUTISMO NÁUTICO.

Esta actividade realizarase no Clube Náutico de Castrelo de Miño, os días 10, 12, 24 de agosto en horario de 10h a 13,30h e o 26 de agosto de 16h a 19,30h.

Cada rapaz/a poderá inscribirse nunha soa data e tendo como únicos requisitos imprescindibles:  ter 7 anos cumpridos e saber nadar.

Nesta etapa de pandemia, desde a Concellería de Educación fomentamos actividades lúdico-didácticas na natureza, ao aire libre, aproveitando os recursos da nosa provincia, así como inculcar o respecto aos demais, o traballo en equipo, valorar o noso patrimonio etnográfico, cultural e natural e a necesidade de conservar o medio ambiente.

Seguindo en todo momento o protocolo e normas Covid.

Obxectivos xerais:

  • Achegar a práctica dos deportes náuticos aos cativos e mozos/as de forma lúdica.
  • Adquirir os fundamentos básicos para valorar as posibilidades de práctica destes deportes nun futuro.

Os nenos e nenas iniciaranse en deportes de auga como: hidropedal, kayak recreo, paddle surf, windsurf e vela en barco.

O prazo de inscrición será do venres 30 de xullo, ás 10h ata o 3 de agosto ás 23,59h.

Unha vez inscritos e admitidos deberán formalizar a matrícula (seguindo as instrucións nesa mesma web)

DOCUMENTACIÓN: