CONCILIA SEMANA SANTA 2023

DESCARGAS

A Concellería de Educación oferta a Conciliación para os días non lectivos da Semana Santa na:

  • Sala Valente (Antigo Banco de España).

Levaranse a cabo actividades lúdico-educativas  orientadas cara á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente. 

DATAS-HORARIOS-DESTINATARIOS E PRAZAS

SALA VALENTE
 3, 4 e 5 de abril 2023
8,30h a 14h
Alumnado de 4º EI ata 6º EP (nados entre 2019 e 2011)
15 prazas
  • INSCRICIÓN

Será exclusivamente en liña a través de esta páxina web: Concilia 2023

O prazo será do 20 de marzo ás 9. 00h ao 24 de marzo ás 14.00h. 

* O/a pai/nai/titor/titora será a persoa solicitante e poderá inscribir ata un máximo de tres fillos ou fillas.

Requisito: escolares empadroados no Concello de Ourense.

Criterios de admisión:

  • Familias monoparentais.
  • Orde de entrada.

Na listaxe de admisión aparecerá o código de rexistro recibido por correo electrónico despois da inscrición, e publicarase a partir do día 27 de marzo, ás 12h na páxina web: www.educacionourense.com  (ou se fose posible antes).

  • FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: telematicamente do 28 ao 31 de marzo de 2023

Só poderán formalizar a matrícula se aparecen na listaxe de persoas admitidas (anularanse os ingresos bancarios feitos con anterioridade ou que non figuren como admitidos/as e  perderán o dereito á praza).

Taxas: 10 € e 5 € ( cada irmán/irmá).

Unha vez admitidos/as, deberán enviar a  documentación ao seguinte correo electrónico: educacion@ourense.es, indicando no campo ASUNTO: Concilia Semana Santa 2023 e o nome do neno-a que se inscribe.

 Documentación obrigatoria a presentar por correo electrónico no prazo estipulado:

  1. Ficha de matrícula cumprimentada, asinada e con foto (descargar na web).
  2. Xustificante do pagamento.
  3. Copia do DNI ou certificado do centro escolar que acredite o curso que está realizando.
  4. Copia da Tarxeta sanitaria do neno/a.
  5. Certificado de familia monoparental, se fose o caso.

Unha vez recibida correctamente esta documentación considerarase a adxudicación como definitiva e, se non recibe ningunha outra indicación, poderá asistir á actividade na data e na hora seleccionadas.

Listaxe de agarda:

Xerarase unha listaxe de agarda co alumnado que non estea admitido. Unha vez completado o proceso da primeira adxudicación, porémonos en contacto telefónico se quedan prazas dispoñibles e formalizarían a matrícula seguindo o mesmo procedemento. 

  • *A Concellería de Educación resérvase o dereito a anular a actividade se non reune un grupo mínimo de nenos e nenas.