PRAZOS DE PREINSCRICIÓN

O prazo de preinscrición do alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso na OPCIÓN ALUMNADO DE CURSO ESCOLAR e para a OPCIÓN DE OBRADOIROS MUSICAIS será do 6 de xuño ao 20 de xuño. A preinscrición realizarase unicamente online.

As persoas interesadas na OPCIÓN ALUMNADO DE CURSO ESCOLAR, nese mesmo prazo , achegarán a documentación que figura nas normas de matriculación, ben a través da conta de mail: escolademusica@ourense.gal , ou ben a través da SEDE electrónica do Concello de Ourense a través do rexistro online.

As persoas interesadas na OPCIÓN DE OBRADOIROS MUSICAIS, non terán que entregar ningunha documentación.

Os listados provisionais de admitidos/as publicaranse na web www.educacionourense.es na mañá do día 1 de setembro.

O prazo para reclamacións ou correciones de erros será do 1 ao 3 de setembro. ( achega a través do mail escolademusica@ourense.gal)

Publicación dos listados definitivos de admitidos/as o día 7 de setembro.

O día 8 de setembro o novo alumnado escollerá horario, a excepción de música e movemento e os obradoiros musicais, xa que estes horarios e os grupos de linguaxe musical publicaranse na web o día 1 de setembro